CANCODRILO

Hoxe Cancodrilo vai ir.....

Así comeza unha das historias de Cancodrilo, pero quen é Cancodrilo?  é un novo amigo que xa temos na aula e que nos conta contos en galego.

Nos tivemos a sorte de coñecelo o 25 de xaneiro, no salón de actos do colexio, acompañado dunha gran contacontos chamada Sabela que viña do Concello a presentárnolo e, con eles, divertímonos, rímonos e pasamos un rato moi feliz.

Agora, gustaríanos presentárvolo a vós, para iso, só tedes que ver as fotografías que vos deixamos a continuación, e intentar atopalo, tal vez escondido ou agazapado nalgunha delas.

















E xa para rematar,
 aquí vos vai un resumo
 desta día único.
Esperámosvos pronto
lendo un conto.







No hay comentarios:

Publicar un comentario